Sorteo do Neno

Este ano Moita Leria quere agasallar ós seus membros. Para elo sortearanse tres premios que recaerán naqueles socios que o seu número de carné de socio coincida coas duas últimas cifras de calquera dos tres primeiros premios do Sorteo do Neno. En breve subiremos as bases do concurso e ampliaremos información. Para calquera dubida chamade ó número de Moita Leria.


DOMINGO 27 DE DECEMBRO DO 2009
Torneo de fútbol sala para recadar fondos a beneficio da Asociación Española contra el Cáncer (AECC). Participarán 8 equipos masculinos e 4 femininos: os xogadores deberán ser maiores de 15 anos. Anótate na Casa da Cultura co equipo; non é necesario estar federados.
Durante o día de solidariedade farase un campionato de dardos e outro de tiro á ra para o público asistente.
Hora: de 10:00 a 14:00 h e de15:30 a 20:00 h.
Lugar: pavillón de Olas.
Prezo: inscricións por equipo 50€. Entrada no pavillón 1€ a cambio de 1 rifa para o sorteo dun Lote de Nadal.
Importante: TODOS OS CARTOS RECAUDADOS PARA ESTE TORNEO SERÁN DOADOS A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER DURANTE A ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20:00 H.
Só con ir ao pavillón xa axudas!!

Nós, MOITA LERIA, queremos colaborar facendo o noso propio equipo ao mesmo tempo que poñemos a taberna. Se queres participar non dudes en poñerte en contacto con nós, a causa meréceo.
Un saúdo e moita leria.

CURSO DE AUTOMAQUILLAXE

COMO QUEDOU O CAMPEONATO DE TUTE?

Os nervios non nos deixaron durmir a ningunha das leriantas. Era algo que non sabiamos moi ben como ía e tiñámoslle medo a como fora saír todo. Non nos podemos queixar para ser o primeiro ano!
Ao final tivemos 31 parellas e todo se desenvolveu con normalidade. Empezamos sobre as 18 horas e a 1:30 tiñamos acabado, foi todo moi rápido ainda que paramos a comer algo.
GAÑADORES:
1º PREMIO (600€): Maruja e Tito
2º PREMIO (300€): Enrique e Gómez
3º PREMIO (150€): Suso e Pepe
4º PREMIO (100€): Armando e Manolito
1º PREMIO DA REPESCA (100€): Pedro e Luis
2º PREMIO DA REPESCA (75€): Luis e Luis

PASOU O MAGOSTO

Gracias a toda a xente que asistiu este ano o magosto que fixemos; pasámolo en grande gracias a todos vós e esperamos que vos tamén fora así! Á colchoneta démoslle moito uso, o grupo de música amenizou a noite, aínda que non houbo moito baile e os xogos... Non sei o que comerá a xente deste concello pero tronzaron a corda por bastantes sitios. Os rapaces sairon airosos pero cando chegou a hora de competir entre solteiros contra casados... Ai que preguntarlles os que caeron de cú!! eso si, gañaron os solteiros!!
Os rapaces saíron do pavillón cansadísimos, eso sí, máis cansados estabamos os maiores!!! agora só queda esperar ao ano.

CAMPIONATO DE TUTE


GRAN MAGOSTO

O venres 30 de Outubro organiza un magosto para todos os socios e persoas que queiran participar del. Haberá inchables para os máis cativos, xogos populares para os maiores ou non tan maiores como o tiro a corda, carreira de sacos..., todo isto amenizado polo dúo musical MARACAIBO.

Como magosto que é por suposto, teremos castañas gratis para todos os asistentes e o remate queimada.

Non faltedes a esta cita!!!!

LOTERIA DE NADAL

Xa temos loteria de Nadal de Alicante a venta. Temos décimos e participacións. Se queredes algunha falade con calquera da asociación. O número é o:
49.955
Non queremos chegar a ricas sen vós!!
A sorte nos acompañe!

FIN DE FESTA DE CAMBADOS

Xa pasou todo, agora esperar ata o ano. Foi impresionante. Chegamos a Cambados sobre as 9 da noite e estaba todo a reventar. A intención era probar albariño en todos os stants pero IMPOSIBLE, eran 42!!! Haber se volvendo para o ano chegamos a catar a metade!
Estabamos como na casa, atopamos moita xente destes lares, de Ordes, Frades, máis xente de Mesía... Espero que para o ano se animen e veñan con nós.

SAÍDA A FESTA DO VIÑO DE CAMBADOS

Queredes festa? pois convidámosvos a que veñades connosco á FESTA DO ALBARIÑO A CAMBADOS.
O sábado 1 de agosto collemos rumbo a Cambados para degustar o viño albariño, coñecer outras tradicións e, por suposto, disfrutar dunha noite de troula por todo o pobo. Saímos o sábado ás 17:30 horas en dirección a Pontevedra e sairemos de volta para a casa sobre a 5 horas, 12 horas de festa e máis festa.
Pensao!!! Se queres pasar un sábado diferente en compaña de outra xente do Concello de Mesía ou simplemente queres información contacta con nós chamando ao teléfono da asociación 626.425.850.
Tedes como último día para anotarvos o luns 27 de xullo.
O prezo para os socios será de 6 € e para os non socios de 10€.

11:00

IES Ramón Cabanillas, XXV Open de Xadrez.

Alborada a cargo de grupos de gaitas.

11:00

No Parador de Turismo, Cata Prima.

12:00

No Prazo de Torrado, II Congreso das Cofradías Gastronómicas.

13:00

Apertura dos Stands de Degustación.

22:00

Na Praza do Concello, Verbena Popular coa actuación das orquestras Estrellas Luz e o Grupo Tornado.

23:00

Praza de Fefiñáns. Concerto de Nena Daconte.

0:00

No peirao de Cambados, como colofón de LVII Festa do Viño Albariño, Gran Espectáculo Pirotécnico.


fiestas.net

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocamos a todos os socios a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará o vindeiro venres 17 de xullo do 2009 ás 21 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 horas en segunda convocatoria, no LOCAL SOCIAL DE LANZÁ .

Orde do día
1. Aprobación das contas do ano 2008.
2. Actividades propostas para o ano 2009.
3. Rogos e preguntas.

O curso foi todo un éxito. Pasámolo en grande e como veredes nas fotos non todo foi aprender... Foron 15 horas nas que demos teoría e práctica pero a hora da comida tamen a aproveitamos.

O venres 5 e sábado 6 de xuño na Casa da Cultura de Xanceda facemos un curso de "Animación sociocultural a persoas con discapacide" cunha duración de 15 horas (o venres de 16 a 21 h e o sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 h). O prezo é de 15€ os socios e 25€ os non socios. Se che interesa aínda estas a tempo de anotarte chamando o tlfno da Moita Leria 626.425.850.

CEA ANIVERSARIO

Xa temos un ano, e aínda que non se fixera todo o que quixéramos -o presuposto non da para máis-, quixemos celebrar o noso "cumpreanos" cunha gran cea. Foi no Restaurante Manteiga, en Visantoña e o rematar collemos o bus que nos estaba esperando para levarnos de marcha a Melide, foi unha noite moi boa, na que todos o pasamos en grande.
Esperamos que para a seguinte en lugar de ser 58 persoas na cea sexamos moitas máis.

MAGOSTO

As castañas foron uns frutos que utilizaron moito os nosos antergos e nós queriamos dedicarlles unha gran festa. O venres 31 de outubro fixemos unha castañada no pavillón de Olas na que non faltaron as castañas pero tamen houbo unha torneo de toro mecánico e colchonetas para os máis cativos, todo elo amenizado polo grupo MALA HERBA. O remate queimada para todos.

NOITE DE HUMOR


O venres 12 de setembro ás 22:30 no café-bar Mosqueira (Xanceda) fixemos a nosa primeira xuntanza de xuventude. Queríamos que fora unha noite de moitas risas e por eso trouxemos a un magnífico monologuista OSWALDO DIGÓN. A xente nova e non tan nova que acudiu esa noite quedou encantada coas súas historias, é un verdadeiro crack da comedia pero tamen un bo amigo.

A inauguración

O venres 30 de maio do 2008 foi a nosa inauguración, o momento en que demos a coñecer quen eramos e o que queriamos facer. Presentámonos na Casa da Cultura de Xanceda e despois tivemos unha actuación de un monologuista, David Perdomo e o remate non podían faltar os pinchos.

Esta asociación está constituída por oito mozas de Mesía e arredores que queren dinamizar a cultura no Concello de Mesía así como organizar eventos para atender o ocio e o tempo libre dos veciños (nenos, xoves e adultos) ao igual que ampliar os coñecementos e experiencias. Tamén queremos fomentar a colaboración e participación de todos os mozos e mozas nas actividades da asociación.
Aspiramos a ser moitos socios, a ser unha asociación plural e representativa e a conseguir unha ampla participación. En definitiva, queremos que todos e todas sexades MOITA LERIA.